Ficamos namorados esta tempada de case tódalas prendas que nos lembran ó estilo militar, por iso cando vimos este vestido que combina o verde e o dourado o consideramos unha peza imprescindible no roupeiro. Combina á perfección coas chatolas (tachas), un detalle que apreciamos tamén en moitos complementos. Haberá que telas en conta se queremos customizar algunha prenda que xa non teñamos en uso para volver a darlle vida sen rascarnos o peto. Hai que agudizar o inxenio! O
blazer mostaza segue esta mesma liña, a militar ou a uniformada, como queirades velo, e nos aporta un
plus de cor a calqueira
outfit. Quizais do que me quedei prendada á primeira vista foi do xersei
oversize que ollei nunha pequena tenda chamada
K me pongo.
Espero que vos guste! Bó venres!
Modelo: Laura Villanueva Sánchez
Fotografías: Ramón Castro
Perruquería: Mar Mascato Barral
Vestido militar: K me pongo / Calzado tachas: K me pongo / Carteira: Mariña A Toxa / Blazer: Ötzi / Calzado print leopardo: Mariña A Toxa / Xersei oversize: K me pongo
GRAZAS POR SEGUIRNOS!