viernes, 23 de noviembre de 2012

Inspiración militar... e algo máis

Ficamos namorados esta tempada de case tódalas prendas que nos lembran ó estilo militar, por iso cando vimos este vestido que combina o verde e o dourado o consideramos unha peza imprescindible no roupeiro. Combina á perfección coas chatolas (tachas), un detalle que apreciamos tamén en moitos complementos. Haberá que telas en conta se queremos customizar algunha prenda que xa non teñamos en uso para volver a darlle vida sen rascarnos o peto. Hai que agudizar o inxenio! O blazer mostaza segue esta mesma liña, a militar ou a uniformada, como queirades velo, e nos aporta un plus de cor a calqueira outfit. Quizais do que me quedei prendada á primeira vista foi do xersei oversize que ollei nunha pequena tenda chamada K me pongo.

Espero que vos guste! Bó venres!





Modelo: Laura Villanueva Sánchez
Fotografías: Ramón Castro
Perruquería: Mar Mascato Barral


Vestido militar: K me pongo / Calzado tachas: K me pongo / Carteira: Mariña A Toxa / Blazer: Ötzi Calzado print leopardo: Mariña A Toxa Xersei oversize: K me pongo


GRAZAS POR SEGUIRNOS!

martes, 20 de noviembre de 2012

Frío dende as alturas

Sei que estades desexosos dunha nova actualización, ó fin podo amosarvos ó completo a sesión fotográfica deste mes para Sustansia. Por un problemiña técnico, o acabado das fotos en papel non foi o desexado. Desculpade o erro.

Nada mellor que un chuvioso e invernal día ollando por riba das antenas e das fumegantes chemineas para ensinarvos as últimas tendencias da tempada. Destacamos entre os outfits dos nosos rapaces, as botas campeiras de Tommy Hilfigher que leva Luis, o xersei de estampado xeométrico de Sylvia ou a camisola de cadros a modo de vestido que ela mesma leva cuns calcetíns extralongos que volven estar de moda.  Como podedes ver o punto manda en época de frío. E teño que decir tamén que me encantaron os zapatos, ademáis de bonitos son bastante cómodos. 









Modelos: Luis Otero Díaz e Sylvia Blanco Pazos

Perruquería e maquillaxe: Ángela Otero

Calzado : K me pongo (Sylvia) e Calzados Mabela (Luis)

Roupa de Ötzi Moda

Gafas de A Óptica de Ana

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Benvidos

Nesta fría tarde de outono, nun día tan sinalado coma o da folga xeral, quero darvos a benvida a esta nova aventura dende a Sustansia. Os que coñecedes a revista sabedes do que estou falando. Aos que vos estades preguntando que será isto da Sustansia, decirvos que se trata dunha revista de ámbito local, feita no Grove polo equipo de "Todogrove Comunicación". Ten contidos diversos, pero entre eles quero destacar a sección de moda, que esperta a miúdo moita curiosidade. Co ánimo de potenciar as ventas do comercio local e fomentar o consumo, elaboramos os nosos looks exclusivamente con produtos do pobo. Co salto á rede pretendo ampliar contidos e dar a coñecer os nosos talentos alén da península. Máis aló da Sustansia, existe un extenso roupeiro. 

Deixovos cun adianto da sesión para este mes de novembro, a falta dun par de días para que saia o novo número. Espero que vos guste. Agradecer a Luis e a Sylvia a súa disposición, e á Perruquería de Loli Otero, en especial a Ángela, o seu traballo.




Fotografías de Ramón Castro e Leticia Castro