viernes, 15 de marzo de 2013

Avance sorpresa..... primaveira!

Por fin podo avanzarvos en primicia algo do que poderedes ollar mañá nos kioskos, un estilo moi desenfadado en cores flúor e pastel. Algo inaudito dende que comecei co blog. Na revista hai algún estilismo máis, e unhas fotos preciosas, como podedes ver. Esta foi unha sesión divertidísima no Mercado de Abastos.
Agradecemos a tódolos comerciantes da praza a súa predisposición para axudar e a súa simpatía, en especial a María, Carlota e Mariola. Seguro que non será a última sesión... e as nosas modelos, Tatiana e Mireya, qué decir, unhas verdadeiras profesionais. Non me quero esquecer tampouco de Dalila Otero, a nosa perruqueira e maquilladora, grandísimo traballo.

Espero que vos encante tanto coma a min!! Feliz fin de semana!!













Modelos: Tatiana Otero Costa e Mireya Vidal Triñanes
Estilismos: Leticia Castro
Fotografías: Miguel Muñiz
Perruquería e maquillaxe: Dalila Otero



TATIANA:      Xersei oversize crudo: Coqueta / Leggins estampados : Ötzi / Colar turquesa: Coqueta / Botín gris perla: Zapatería Claké Camiseta básica negra: Coqueta Colar fucsia: Coqueta


MIREYA:  Camisola verde: Coqueta / Falda estampada : Coqueta / Colar fúor: Coqueta / Sandalia negra: Zapatería Claké Camiseta laranxa combinada: Ötzi



AHHH, POR CERTO A SEGUIR COS PINCHOS ESTE FIN DE SEMANA!!




GRAZAS POR SEGUIRNOS!

miércoles, 6 de marzo de 2013

Un chisco de luz...

Parecera que o inverno, as choivas e os neboeiros non nos quixeran abandoar... pero inda así, queremos ver un pouquiño de luz, o achegamento da primaveira... Apostamos por valores seguros como o denim, os os xerseis en cores neutras. As botas que vos amosamos da Zapatería Claké, unha escolla perfeita para os periodos de entretempo. Pero poñemos a nosa atención nos complementos. A ver que vos parecen... Por certo, a nosa modelo Alicia parece saída dun anuncio de gafas da mesmísima Vogue....

Bó mércores.











Agradecemos enormemente a María e ás rapazas de QKorte que nos cederan o seu espazo para a sesión de febreiro.


Modelo: Alicia González Outón.
Fotografías: AVarand
Perruquería e maquillaxe: QKorte


Xersei calivera: K me pongo / Vaqueiros Only: Ötzi / Carteira cebra: Sheila's Complementos / Botas: Zapatería Claké / Camisa denim: K me pongo/ Bolso vermello: Sheila's Complementos/ Lentes : A Óptica de Ana



GRAZAS POR SEGUIRNOS!!!