Saíndome do que son as sesións da revista ás que estades habituados, hoxe aproveito para presentarvos un rinconciño encantador. Unha nova tenda de roupa, calzado e accesorios de recente apertura no Grove. Chámase Clossét, e ten unha liña moi desenfadada, moderna e con moito colorido para a tempada estival. Estou segura de que atoparedes aquilo que estades buscando para estar á última. Ademais posúe unha imaxe corporativa moi elegante na que tiven algo que ver... ;)
Espero que vos guste esta pequena reportaxe fotográfica. Hai verdadeiras monerías! Botade un ollo para ir abrindo boca...
Podedes atopala no número 3 da Rúa Castelao!
Feliz domingo!!
Fotografías: Leticia Castro
Agradecementos: Rosa Hermida e Clossét
GRAZAS POR SEGUIRNOS!!