viernes, 31 de mayo de 2013

Celebracións especiais

Non sin tempo reaparezo pedíndovos mil perdóns por tan longa ausencia. Digamos que foron unhas semanas complicadas para min, e non topei un oco para ensinarvos as fotos da nosa sesión de maio. Logo deste pequeno retiro veño coas pilas cargadas e a cabeza a tope de ideas. De tódolos xeitos, agardo vos sexan inspiradoras por se tedes algún evento próximo e non sabedes qué poñer. Apostade polas cores flúor ou pastel e os cortes rectos, sen moita floritura. E se vos decantades polo estampado que sexa de tipo oriental. En canto ós cativos, xa sabedes que calqueira cousa lles senta ben, mais se podedes non recargalos en exceso, estarán moito máis guapos. Como podedes ver nos amañamos de marabilla neste noso pobo, onde sempre topamos o que andamos buscando.

Por certo, quixera desde aquí agradecer a Perruquería Mato a súa colaboración, e pedirlle disculpas porque na versión escrita houbo unha errata e non os momeamos. Grazas equipo!! E por suposto tamén a Carla, Sandra, Xabi, Daniela..... e a Myriam e a Óscar por aguantar con nós toda a tarde.

Moi feliz fin de semana!!!























Modelos: Carla Rey Domínguez, Sandra Padín Portela, Xabier Lores Rey e Daniela Caneda Devesa.
Estilismos: Leticia Castro
Perruquería e maquillaxe: Mato Perruqueiros
Fotografías: Miguel Muñiz e Leticia Castro



CARLA:      Vestido coral e vestido lima: Sheila's Carteira plata: Glamour LaToja / Pendentes plata e Colar fantasía: Glamour LaToja Plataforma coral: Calzados Mabela 


SANDRA:  Vestido longo e vestido branco con chatolas: Sheila's Pendentes e brazalete : Glamour LaToja / Carteira azul V&L : Glamour La Toja / Sandalia verde: Calzados Mabela / Sandalia azul: Calzados Mabela

DANIELA:    Vestidos: Parruliños Merceditas:  Zapy

XABI:      Conxunto camisa e bermuda: Parruliños / Zapatos charol: Zapy 
 


GRAZAS POR SEGUIRNOS!!!!!