viernes, 23 de noviembre de 2012

Inspiración militar... e algo máis

Ficamos namorados esta tempada de case tódalas prendas que nos lembran ó estilo militar, por iso cando vimos este vestido que combina o verde e o dourado o consideramos unha peza imprescindible no roupeiro. Combina á perfección coas chatolas (tachas), un detalle que apreciamos tamén en moitos complementos. Haberá que telas en conta se queremos customizar algunha prenda que xa non teñamos en uso para volver a darlle vida sen rascarnos o peto. Hai que agudizar o inxenio! O blazer mostaza segue esta mesma liña, a militar ou a uniformada, como queirades velo, e nos aporta un plus de cor a calqueira outfit. Quizais do que me quedei prendada á primeira vista foi do xersei oversize que ollei nunha pequena tenda chamada K me pongo.

Espero que vos guste! Bó venres!





Modelo: Laura Villanueva Sánchez
Fotografías: Ramón Castro
Perruquería: Mar Mascato Barral


Vestido militar: K me pongo / Calzado tachas: K me pongo / Carteira: Mariña A Toxa / Blazer: Ötzi Calzado print leopardo: Mariña A Toxa Xersei oversize: K me pongo


GRAZAS POR SEGUIRNOS!